Fotogalería

Aquí poderás ver as fotografías máis abraiantes da comarca de A Barcala tomadas por afeccionados ao mundo da fotografía, a natureza e Galicia.

coton

O Pazo de Cotón é un dos pazos máis senlleiros da arquitectura galega e está situado no corazón da comarca de A Barcala, no concello de Negreira. O Pazo de Cotón atravesa o que hoxe é a carreira de San Mauro, antigo Camiño Real, cunha triple arcada con salóns de paso á capela. No centro do edificio hai corpos ligados ás torres cilíndricas nos ángulos, obra dos séculos XVIII e XIX.

camino pontemaceira

Entre os concellos de Ames e Negreira, sitúase a Ponte Vella, que supera o río Tambre, e é unha clara mostra da arte románica. A Ponte Vella foi unha construcción romana, feita de novo na Idade Media. As raíces da romanización fanse patentes coa existencia na súa base dun aparato regular moi diferente ao resto do conxunto da construcción. O resto da construcción complétase co arco de medio punto central, alféizares, espalda e arcos laterais.

Fotografías

Fotografía Descrición
pazoalbarina
Pazo de Albariña, de Varela ou de Capitán, en Chancela (Logrosa).
A cabalo do estilo medieval e estilos posteriores xurde o Pazo de Albariña. No complejo arquitectónico de Albariña, debúxase un antigo torreón moi marcado e con grosos muros. Conserva unha curiosa coleción de pías recollidas nas terras de A Barcala.
Ofrece unha fermosa panorámica sobre un relanzo do Tambre. Nos últimos anos incorporóuselle unha galería e outras reformas. O conxunto está arrodeado dun gran muro de pedra e un xardín con dous hórreos e pombal.
aerea Fotografía aérea do concello de Negreira, núcleo central da comarca de A Barcala.
A vila ocupa unha situación estratéxica entre o que foi a gran Vía XX ou Per Loca Marítima que, desde Brandomil, levaba a Caldas de Reis, e a vía fluvial do Tambre, que comuninca as comarcas do centro de Galicia coas costeiras de Noia.
Negreira está asentada non val do río Barcala, e hoxe é o centro comercial dunha comarca que mantén a vila cun movemento demográfico positivo
pontemaceira Pontemaceira, límite entre os municipios de Negreira e Ames. Supera o río Tambre e é unha clara mostra de arte románica.
Hai pelegríns que chegan a Compostela e deciden chegar ao fin do mundo, o Finis Terrae, Fisterra. Outros chegan polo Camiño Marítimo para peregrinar ata Compostela. No seu comiño atoparán lugares fermosos e este é, sen dúbida, un deles.
Ademáis da fermosura do río Tambre, atopámonos ante un conxunto histórico-artístico de grande relevancia. Sobre os antigos pilares da ponte romana foi construída outra ponde entre os século XIII-XIV por petición da Mitra Compostelana.
molino Un dos muíños de Pontemaceira, empregado para moer a fariña,  elemento fundamental nas dietas da zona.
Non existen xa moitos muíños nos ríos de Negreira que non coñezan a ruina. O conxunto máis coidado é este de Pontemaceira. Tamén se poden ver pombais e moitos hórreos, a maioría deles de tipo"maián" ou "barcalés": combinando pedra e madeira.
Tamén quedan mostras de hórreo de tipo "xalleiro", completamente de pedra, empregando cachotería, principalmente nas parroquias da parte alta do concello.
pazo coton
Pazo de Cotón, e igrexa anexa. O recinto relixioso, que nos evoca a lenda dos santos Amaro e Ero, foi construído no século XVII, con estrutura de tres naves, separadas por pilares de placas. Foi bendecido e inaugurado no ano 1860. Loce un retablo neogótico dos anos da posguerra (1940). Garda como as imaxes máis antigas as de San Amaro e Santa Lucía.
No Cotón creouse unha confraría para a honra da Virxe do Carme no 1740. Tivo unha capela propia moi próxima á Rúa do Carme, que xa non existe.